Paratradución da identidade celta no discurso público das institucións galegas

Traducir e interpretar lo público, Comares, 2016

Traducir e interpretar lo público, Comares, 2016

Álvarez Lugrís, Alberto (2016) “Paratraducción de la identidad celta en el discurso público de las instituciones gallegas”, en Ferreiro Vázquez, Óscar (ed.) Traducir e interpretar lo público, Albolote (Granada): Editorial Comares. Colección  Interlingua, editada por Emilio Ortega Arjonilla y Pedro San Ginés Aguilar, nº 145, ISBN 978-84-9045-350-6, pp. 11-26.

Vén de publicarse na colección Interlingua da Editorial Comares un novo volume de estudos de paratradución elaborados polos profesores e profesoras que participamos no Mestrado en Tradución para a comunicación internacional da Universidade de Vigo. Neste volume ofrecemos Seguir lendo

HELP – Healthcare English Language Programme

fotoportada

 

HELP – Healthcare English Language Programme

On September 15th, 2016, the Faculty of Philology and Translation of the University of Vigo had the pleasure of receiving the visit of professor Justyna Kowalczys, from Stowarzyszenie Angielski w Medycynie (English in Medical Practice Association), from Poland. Professor Kowalczys is one of the coordinators of the project HELP (Healthcare English Language Programme), funded by the European Union through Erasmus+ Programme: ERASMUS+ 2014-1-ES01-KA203-004735) and she presented the project to the Vigo University community. The event was held at the Main Hall of our Faculty and was attended by teachers, students, and some profesional translators and interperters. Seguir lendo

Puntual: nunca te deitarás sen aprender moitas cousas máis

 

É de xustiza recoñecer os erros, sobre todo cando deles se tira algunha aprendizaxe, o que a algúns nos acontece con moita frecuencia. Despois de rechouchiar no meu twitter unha mensaxe de @patiOrtografico na que se afeaba e corrixía o uso da palabra castelá «puntual» por parte do xornalista @jlcudeiro por ser un anglicismo no seu uso co sentido de «concreto, único, individual, illado», dous colegas tradutores corrixíanme no facebook: tanto o María Moliner como o Diccionario panhispánico de dudas da Real Academia Española recollen e sancionan o devandito significado. O DPD da RAE mesmo indica que «No hay por qué censurar su empleo, muy extendido hoy, con el sentido de ‘aislado o concreto, limitado a un caso individual’». Seguir lendo

Perigosa ambigüidade. A imaxe da muller en The One

É moi frecuente que as campañas publicitarias en televisión se compoñan de dúas ou máis versións dun mesmo anuncio, unhas máis longas e outras máis curtas. O obxectivo de facelo así é, ademais do económico —xa que as versións máis curtas teñen un custo de emisión menor—, chamar a atención do espectador que, enfastiado de escoitar repetidamente os mesmos anuncios que coñecerá de memoria mesmo inconscientemente, detectará, de forma involuntaria e automática, que determinado anuncio mudou o seu texto, a súa música, a duración, etc. Son como pequenas chamadas de atención para tentar sobresaír de entre a morea de anuncios que recibimos diariamente. Seguir lendo